O blog do Carrabouxo

A integraçom cultural (1)

     Posted on Dom ,06/09/2009 by Carrabouxo

Levo “mascando” iste post no blog unha larga tempada xa que como emigrante nunha vila moi arraigada na sua tradiçom catalana, vexo e vivo o seu avanzo cara o futuro da sua identidade con preocupaçom.

Penso que isto que estou a escribir pode ser extrapolábel tamen (en parte, ainda que no noso casa influen outros factores) a nosa patria galega… Tratase da globalizaçom culturais, da capacidade da absorcion da emigraçom e a integraçom dos emigrantes. Si, o gran tabu da crase politica e da gran parte da sociedade.

Vai un tempo mentres xogaba cos meus filhos nun parque dun pequeno pobo decateime que uns cativos que quizais terian pouco mais que 5 anos falaban nun catalan perfecto entre eles xogando e cando se dirixian os seus pais faciano en arabe. Sentir aqueles nenos falar nun catalan tan perfecto foi como escoitar musica e non poiden evitar escapar un sorriso (ainda que cos seus pais fora en arabe). Sempre pensei que o idioma que usen os nenos para xogar entre eles e o idioma no que pensan e seguramente sera o idioma no que no futuro falaran. Eles son o noso futuro e o futuro da nosa orixe, sexan de donde sexan e venhan de donde venhan…

Pero logo esta a outra parte, os pais deses nenos falaban en arabe… Dando unha volta pola minha vila (Vilafranca del Penedes) podo ver perruquerias, carnicerias, fruterias que os seus propietarios son de orixe marroquina.

E moito mais se falamos da capital de Catalunha, en Barcelona un emigrante pode vivir noutro pais sen falar os idioma do pais de acollida, a catalanxa que por exemplo a comunidade chinesa ten autoescolas, xestorias e todo o tipo de servizos na sua propia lingua (mesmo traductores para tratar temas burocraticos) E alguns como moito poden chegar a aprender a falar en castelan por verse na obriga de entenderse no trabalho, porque tamen o castelan e o idioma que os rodea e non entenden o porque de falar catalan.

Para explicar isto poderiamos usar o simil dun baso de auga e a cantidade de azucre que chegaria ista cantidade de auga a diluir. Chegado un punto de saturaçon a azucre non seria diluida e acabariase amontoando no fondo…

E daiqui sacariamos os dous extremos, dende aqueles pequenos daquela vila pequena que falaban catalan entre eles e vivian plenamente integrados na sua comunidade participando tamen na vida do pobo ata os guetos que se estan a formar nas grandes cidades na que a integraçom maxima que chegan istes emigrantes e a pagar os seus impostos.

E un gran reto o que temos todos por diante, dende a crase politica a mesma xente da rua para que esa integraçom se leve acabo e facilitar a xente que chega de afora deste pais para que se sinta participe desta cultura. Quizais o segredo sexa crear vinculos entre a xente que reside nas vilas en os recen chegados para que se sintan identificados co dia a dia e participen na vida interna das vilas… Pero o gran “quiz” e como lograr isto.

Pobres & Ricos 2º Parte

     Posted on Mar ,30/06/2009 by Carrabouxo

Hoxe pola manha despois da lectura do xornal na hora do almorzo, despois de ler un artigo dun economista viume a mente o anterior artigo que escribira “Ricos & Pobres”. Por suposto que as datas que lin aínda eran mais preocupantes do que eu pensaba que eran as anteriores.

Pois ben, según o xornal dentro de 6 meses acabara de cobrar o subsidio moita xente. Daquela que foron as primeiras cifras de vítimas desta crise, logo de levar cobrando os 18 meses de paro. Algunha desta xente aínda somerxida na total ignorancia do que estaba acontecer seguiron co consumismo abusivo, xa que aparte de non ter nada que facer (todo o dia aburrido na casa) os dias 10 de cada mes recibía na súa conta unha cantidade de cartos.

Se ben algunha desta xente pode ter un certo “colchón” que suavice a caída agarrándose os lazos familiares, ben sexan pais, irmáns, etc que sempre están dispostos a botarnos un cabo cando a cousa vai mal. E bo, xa sabedes o dito, onde comen dous comen tres.

Outra data importante a ter en conta e que me chamou a atención o outro dia, foi leen-do unha hemeroteca dun diario de finais dos anos 90 na que nun titular ben grande e a primeira plana falaba de que se non fora pola inmigración o sector da construción estaría colapsado xa que non había man de obra para cubrir tantos postos.

Non sei se vos decatades por onde tento ir… Non e mais que unha operación de “calculo lóxico” na que na primeira parte do meu post falo das consecuencias da crises e no segundo do efecto chamada propiciado polo estado para cubrir esa man de obra fáltante. Como non a beneficio dos empresarios… E aínda para algúns moito mellor que se foran sen papeis, xa que o soldo a pagar era moito inferior a un residente “legal” ben fora do pais como foráneo.

O lastimoso e que esta xente que veu de fora, e que moitos non terán xa traballo, moitos non terán paro. Dos que tenhen paro a gran maioría non ten ise “colchón” familiar o que acollerse, e a gran maioría verase sumido nun gran “cataclismo persoal” na que non terá moitas saídas.

Non quero falar da delincuencia pois seguramente eu ou calquera de vos que vos virades nunha situación similar, na que tedes uns fillos os que dar de comer e non tedes nun can no peto seguramente acabariades buscando a derradeira opción nesta situación.

Agora o Estado, despois de abrir os brazos a tanta xente que viu de fora sen importarlle moito se ven legal ou non, so pensando no que recadarían en impostos por esa recadación dos construtores. Moitos deles seguramente que da clase política tamén… Moitos políticos tamén con accións en grandes construtoras, Caixas e Bancos que “axudan” o estado ou os partidos políticos na financiacion dos seus “trejemanejes” tamén con accións en construtoras, etc, etc…

E agora que facemos?

Damos a espalda a esta xente? deportámo-los? e un pouco complicado o tema, non creedes?

Veremos que pasara cando a sociedade se empece a esquichar e a haber brotes de odio entre razas, rexurdimento dos radicalismos e da violencia.

Eu apocalíptico? Nonnnnnnnn, e a consecuencia do Capitalismo. Temos a consecuencia do extremado enriquecemento duns e da extremada pobreza dos outros, e como a lei dos vasos comunicantes.

E aínda se oe que os bancos mundiais buscan o xeito de salvar o “sistema capitalista”.

Que nos queda por ver? “deus nos libre”!

O posíbel fraude electoral e a ignorancia supina doutros

     Posted on Dom ,28/06/2009 by Carrabouxo

Vai tempo que queria falar desto no meu blog… Os poucos dias de pasar as eleccions nun programa de radio moi conhecido aqui en Catalunha, na sección “el contenidor de RAC1” que e unha sección onde a xente chama para dar as suas queixas. Se empezou a recibir chamadas de xente que alertaba de posíbel fraude eleitoral na que sairia moi perxudicada Iniciativa Internacionalista. Unha chamada falaba dun povo no que as papeletas de II estabas ocultas tras unha morea de papeletas de Falange Espanhola, outra chamada avisaba queno seu povo non habia papeletas deste grupo politico, outra chamada dende un povo pequeño do interior de Catalunya no que hai poucos habitantes el e outra persoa deran o seu voto a II tamen e na paxina web das eleccions no seu povo non saia ningun voto, e asi un sinfin de chamadas advertindo deste caso. Non sei se na Galiza pasou algun caso deste tipo, seguramente mais dun caso existirá. A modo de curiosidade tamén no povo de “Maria Teresa de la Vega” non houbo nen un voto o PSOE (estrano?)… E noutro povo que governa CIU na paxina web do estado davan-lle a vitoria a Falanxe Espanhola. Falamos de Iran, de países subdesenrollados no que a democracia non e mais que unha patranpatranha para ocultar o mangoneo do presidente? Pois neste pais ainda non escoitei en nengunha tv publica falar do tema, terán algo que ocultar? Tamén me gostaria falar de toda esa xente que votou a direita (PP), seguramente moita desa xente mulleres en estado que non saben que a dereita quere reducir no parlamento Europeo os dias con dereito a maternidade, tamen moitos traballadores e pais de familia que a dereita (PP) queren no parlamento Europeo aumentar a xornada laboral, cargandose asi a “concialiacion familiar” e limitando as familias traballadoras a ver os seus fillos pouco mais que nas fotos… Se non temos mais que votar un ollo o panfleto político do PP Europeu para as eleccions para facer-se unha idea do que estou a falar… E patético, estou seguro que si os votantes do PP souberan o que votaron ou votan mais de un daria-se de cabeza na parede… Todo isto ten un nome, ignorancia! Deixo aqui o enlazo o comunicado de Iniciativa Internacionalista que fala sobre o “suposto” e “posíbel” fraude eleitoral.

http://www.iniciativainternacionalista.org/index.php?option=com_content&view=article&id=165:comunicado-sobre-el-posible-fraude-en-las-elecciones&catid=1:noticias&Itemid=3

Pobres e ricos

     Posted on Xov ,25/06/2009 by Carrabouxo

O ministro de traballo e imigración Celestino Corbacho afirmou o 24 de xunho que un 75% de famílias que tenhen os dous membros en paro, polo menos un cobra algun tipo de prestación social.

E unha afirmación canto menos un pouco atrevida xa que nesas cifras contan os cidadáns “legais” dentro do Estado Espanhol.

Se en vez de ver o vaso medio cheo como soe ser típico nos políticos levando o carro a sua leira, o vemos medio valeiro podemos chegar a rápida conclusión que o 25% das famílias “legalmente” do Estado Espanhol non entran un triste peso na sua casa.

Si a ese 25% o aplicamos os parados as datas de febreiro que son 3.481.859 o que nos daria a cantidade de 870.465 “famílias” que viven na miséria

.

E certo que e unha data escandalosa mais se pensamos que esa mal chamada “unidade familiar” pola que eles contan na maioria dos casos son “unidades” de mais de 2 persoas, e decir persoas a cargo como fillos, avos, pais, etc…

Pero non so iso… Moita de esta xente aparte de non poder pagar unha vivenda tampouco tera para luz, auga, roupa, comida… E a isto tamén poderíamos aplicar a proporción en aumento do x4 en caso da vivenda e do x2 no resto dos servizos dependendo da provincia ou “rexión” que vivas.

Bon pois despois deste “entremés” de datas e cifras para ponhervos en situación, paso a contar-vos que hoxe o xornal traia que a crise acaba con 32.000 millonarios no Estado, agora so temos censados nesta lista de “honor” a 127.100 millonarios en toda a “pele de touro”

Podo estar ben seguro que eses 32.000 persoas (coitadinhas elas) que deixaron de ser millonarios non pasan fame e tenhen un teito onde dormir e non pasarán moitas penúrias comparan-dos cos pobres mortais-pseudo humans pobres-miserábles que acabamos a fin de mes a forza de comer macarróns secos.

O certo e que, penso que aqui ha algo que falla… Como pode existir esas 870.465 “famílias” (que van en aumento segun acaban a prestación do paro) que case non tenhen nin para comer cando temos 127.100 “persoas” que son millonarios, e decir que tenhen mais de 1.000.000 de dólares na conta do seu banco!!!


Aiqui ha algo que ademais de atentar contra a lóxica cheira moi mal e que se chama CAPITALISMO.


Preguntome eu: En que momento o ser humán perdeu a condición como tal e convertiuse nunha maquina contadora de cartos sen sentimentos?

Chamademe UTOPICO ou SONHADOR, pero non somos mais que un engrenaxe nunha cadea de produción, o numero XXXX que xira e xira dende que “nos colocan” nesta vida ata que acaba a nosa vida. Pero como non, aiqui os que ganhan son os de sempre, os 127.100 “eses”…

Quen será o seguinte en formar parte do 25% do que falábamos? Ti, ti, ou ti, eu?

O ser human urbanitamente asqueroso

     Posted on Xov ,04/06/2009 by Carrabouxo

Pode ser que non sexa deste planeta chamado Catalunya, pode ser que me este facendo vello, pode ser que me abandonara o desodorante ou mesmo que me dera demasiado o sol. Pero hoxe cando montei no tren para ir a casa despois do traballo (como todo-los dias de dios, amen) invadiume unha sensacion de relax, unha mestura de sono, cansancio e depresion pre-veran que me deixou totalmente atolondrado no meu asento.

Unha e outra vez sentia como o altofalante do tren decia unha e outra estacion e subia e baixaba xente do tren mentras o “tran-tran” do tren meciame no meu viaxe polas nuves da inopia (nooooon e unha drogaaaaa!)

De supeto, empezou a chegar a min un cheiro estrano, dulzon e mismamente familiar… Entre sonos e medio durmido o meu narizon comezcou a sintetizar ese olor tan carazteristico ata que deducin que aquelo que cheiraba asi era tabaco. Os meus ollos abrironse de supeto e tentei buscar o culpable de tal barbaridade, pois queridos lectores do mundo mundial, de todos e sabido que nos transportes publicos NON SE PODE FUMAR.

Facendo un pouco mais de maruxa estirei o pescozo por riba dos asentos e poiden ver unha recua de rapaces novos e un par de raparigas que rian e falaban no que parecia un concurso de ver quen a decia mais gorda. Pero non foi o anticivismo dos adolescentes pavoneandose e facendose o macho diante das nenas co pitillo na man… Non! Senon a cara da xente que estaba o caron deles. Uns tentaban ignoralos, como si non fora con eles… Quizais unha mestura de medo e pasotismo civil, outros armados de coraxe e con malos modos simplemente cambiaron de vagon e outros, os mais valentes refunfuñaban entre dentes…

Gustariame saber que pasa nesta sociedade, cando uns simples nenos pisotean os dereitos civicos do resto da xente, chegamos a tal cobardia de FUXIR dos atropelos? Siiiiiiii, e cousa dos paisss.. Siiiiiiiiii…. Xa… A escusa perfecta.

Doutra vez, fun testigo dende unha fiestra dun 3º piso de como unha muller caia o chan e ninguen se dignou a axudala a erguerse…

Quizais eu sexa que cos meus 32 tacos xa empezo a chochear, pero penso que a nosa idiotez vai incrementando a medida que pasan os anos e multiplicase por dous cada 1000 habitantes.

Donde esta o ser human que esta dentro de nos… ¿Vendo a tv coma zombis no sofa da nosa casa?,  ¿comendo unha hamburguesa no Mac Donnals? ¿ou banagloriandonos de cantas posesions fisicas temos a medida que nos endeudamos mais ca VISA?

Como decia a cancion aquela, ¡ Parade o mundo que eu me vaixo!

* Pd.: Se algun ten a curiosidade, de que e o que fixen eu respecto os “pavos” do tren non ten mais que preguntarmo neste mesmo fio.

Eleccions Europeas, cha…cha…cha!

     Posted on Mér ,03/06/2009 by Carrabouxo

O ser human, e un ser politico!!!

Afirmacion cada dia mais en decadencia vendo o pasotismo da xuventude, os politicos xa non saben que facer para chamar a atencios dos mais novos (+18) e mesmo falaron de disminuir a edade para votar… Sorprendente!

O outro dia escoitei na radio que o soldo dun politico en Europa ascende a 3000 euros o mes mais 3000 euros en despezas por material de oficina, outro tanto para pagar hotel (cando a maioria ten alugado un piso en Bruxelas), viaxes pagos en avion (First Class como non) ainda que non viaxen, etc… O mais gracioso e que vai uns dias saiu Alejo Vidal Cuadras (do PP) decindo que-lle parecia pouco-normal o soldo dos europarlamentarios JAJAJAJA… E o mais gracioso e que dentro duns dias poran ao mesmo nivel os soldos dos Eurodiputados, e decir que cobraran mais ainda cando o salario minimo en “Jespaña” e de 624 euros, e a cantidade de parados  no noso pais supera os 4 millons.

Pero non estabamos falando de pouca participacion nas eleccions e o pasotismo da xuventude!!!!

Penso que deberian de facer unha reflexion seria sobre o tema, porque penso que nin regalando bocadillos nos colexios electorais o dia das votacions conseguirian aumentar a participacion.

E moi triste pero penso que son os propios politicos os que fan da nosa sociedade unha sociedade pasota con respecto a politica e cada dia mais asqueada con esa “outra raza” que son os politicos. Seres que viven o outro lado do espello, noutra dimension, na que ainda viven en pesetas e levan un halo de proteccion que parece que non-lles deixa vivir o mundo real. Si, cada dia mais lonxe do que din que representa, o povo!

Pactos, requete pactos, coalicions, peloteos, mocions de censura, corrupcions, censura ideoloxica… Señores, marchen para as suas casas se de verdade queren facer algo polo “seu povo” e que veña outra nova de xeneracion de politicos, na que o seu traballo non sexa a politica, senon unha vocacion.